O galego aquí e agora
Todo sobre o celga
Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.
Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en tres bloques:
- Lingua e comunicacion: funcións comunicativas
- Lingua e sistema: coñecemento do código
- Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais
Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.
Os certificados obtéñense mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral da Lingua. Tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.
O sistema Celga ofrece probas para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (agás para o Celga 5, que só se pode obter por validación de estudos). Cada ano, a Secretaría Xeral da Lingua publica no Diario Oficial de Galicia dúas convocatorias destas probas.
Os títulos Celga tamén se poden obter por validación de estudos.
A Plataforma de Teleformación da Secretaría Xeral da Lingua é un espazo virtual pensado para a formación en materia de lingua galega.
Para acceder a ela, se é a primeira vez, temos que rexistrarnos creando un usuario e un contrasinal. Para as seguintes veces, debemos poñer o usuario e o contrasinal que creamos.